Quen Son?
Que fixeron e que gañaron.
O grupo De Vacas está formado por Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz, acompañadas por Guillermo Fernández á guitarra. Destacan por facer versións de cancións populares adaptadas ao galego e referidas a Galicia, sempre con nota humorística.
Así, recentemente parodiaron Ateo de C. Tangana e Nathy Peluso cunha canción sobre Xacobeo, pero sen dúbida o seu gran éxito foi Amodiño, versión do popular Despacito de Luis Fonsi.
É moi difícil definirnos porque partimos de ser un grupo de versións, pero non nos identificamos como tales. Ao final facemos unha transformación total das cancións, quitamos ese envase comercial, que o fai moi afastado do orixinal. Facemos un pouco de todo, dende unha canción de Eurovisión ata unha das Spice Girls. Incluso temos un alalás, que é unha canción tradicional galega. Así que non saberiamos que adxectivo poñerlle.
Gañaron os Premios Martín Codax da Música, na categoría de Coros e Música Vocal, no ano 2016.
Fixeron o show musical de diversas galas e eventos, entre eles os Premios da Cultura Galega e o TEDx Galicia no ano 2016, ou a Gala do Libro Galego no 2017.
Crearon bandas sonoras para programas de radio e televisión ( Galicia por diante, Buscando Ardebullo, Especial 25 de Xullo).
Foron voz tamén do himno do Festival de Cans, e crearon un tema homenaxe a Emilia Pardo Bazán para a Real Academia Galega.Recentemente veñen de crear a música para a campaña de publicidade de Nada de Vegalsa-Eroski. Saíron na tele en programas como Land Rober, Luar, Bamboleo, ou Con Amor e Compañía.
Comentarios
Publicar un comentario